Contido web

Estás en:
  • A OVT

Contido web

Que é OV Tributaria?

OV Tributaria é o sistema de informacion e servizos que a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) pon á disposición da cidadanía co obxectivo de achegar uns servizos públicos máis eficientes, seguros, accesibles e innovadores, aproveitando e explotando as posibilidades que a tecnoloxía ofrece. 

Con este sistema preténdese reflectir o compromiso da Atriga coa atención ao cidadán e a mellora da calidade dos servizos públicos no ámbito da súa competencia.

Titularidade

A titularidade e, polo tanto, a información e servizos publicados en OV Tributaria correspóndelle á Atriga no ámbito e exercicio das súas competencias.

Identificación

OV Tributaria é o nome do sistema de información e servizos responsabilidade da Axencia Tributaria de Galicia e, polo tanto, de elaborar e manter actualizada a relación da información e servizos que se poñen a disposición da cidadanía e dos empregados/as públicos/as.

Mentres, a súa xestión tecnolóxica correspóndelle á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) - órgano con competencias xerais en materia de desenvolvemento de proxectos e aplicacións informáticas, a súa xestión, planificación, supervisión, asesoramento e coordinación, así como a subministración dos equipos necesarios para levar a cabo os procesos informáticos da Xunta de Galicia - incluíndo a implantación e mantemento da súa infraestrutura tecnolóxica e de seguridade.

Data e horas oficiais

A data e hora oficiais de OV Tributaria correspóndense coa data e hora legais do Real Instituto e Observatorio da Armada (ROA), de acordo co artigo 15.2 do Real Decreto 4/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidad no ámbito da Administración Electrónica. 

Para calquera trámite que se realice en OV Tributaria, será a data e hora oficiais nomeadas anteriormente, e non as do equipo dende o cal se efectúa o trámite, as que teñen validez legal.

Calendario de días inhábiles

O cómputo de prazos considerados inhábiles en OV Tributaria réxese de acordo co calendario oficial de festas da Xunta de Galicia que pode ser consultado aquí.

Normativa relacionada coa prestación de servizos electrónicos

Normativa de carácter estatal

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réximen Xurídico do Sector Público.
  • Real Decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade.
  • Real Decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración Electrónica.
  • Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
  • Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
  • Lei 6/2020, do 11 de novembro, reguladora de determinados aspectos dos servizos electrónicos de confianza.
  • Real Decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.
  • Resolución de 29 de novembro de 2012, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se publica o Acordo de aprobación da Política de Sinatura Electrónica e de Certificados da Administración Xeral do Estado e se anuncia a súa publicación na sede correspondente.

Normativa de carácter autonómico

  • Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
  • Orde do 15 de setembro de 2011 pola que se aproba a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Resolución do 25 de febreiro de 2014 pola que se aproba a política de sinatura electrónica e de certificados da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.