Contido web
Aviso legal
OV Tributaria ofrece un conxunto de servizos públicos electrónicos do ámbito competencial da Axencia Tributaria de Galicia para o seu uso por parte da cidadanía.
Bo uso por parte dos usuarios
O usuario poderá empregar os servizos publicados en OV Tributaria de acordo cos requirimentos de seguridade e técnicos cos que foron implantados. Presupónse, en calquera caso, a boa fe do usuario na súa utilización polo que este debe evitar calquera comportamento do que sexa coñecedor que poida danar, deteriorar, inutilizar ou sobrecargar os servicios ofrecidos, fundamentalmente no referido ao envío de correo masivo non solicitado ou inserir virus, arquivos defectuosos ou programas que poidan causar prexuízo ao sistema.
Propiedade intelectual e industrial
OV Tributaria e todos os seus contidos, incluíndo os textos e contidos multimedia (imaxes, son, vídeos) ou calquera outro material, son propiedade da Atriga a non ser que se indique unha titularidade diferente. A reproducción, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas pode constituir unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual, excepto autorización expresa da Axencia Tributaria de Galicia.
Condicións de servizo
A Axencia Tributaria de Galicia resérvase a posibilidade de suspender temporalmente o acceso a OV Tributaria debido a tarefas de mantemento ou actualización da mesma. En calquera caso, e sempre que non se trate de incidencias imprevistas, darao a coñecer aos usuarios empregando o servizo de avisos do sistema.
A información administrativa facilitada a través de OV Tributaria non substitúe a publicidade legal das normas e dos actos que teñan que ser publicados formalmente en diarios oficiais. De igual xeito, a información proporcionada mediante resposta ao emprego dos servizos ten carácter orientativo e en ningún caso poderá ser vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, agás nos casos que así se sinale ou se derive de normativa específica.
Privacidade e protección de datos
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste portal estará suxeito ao establecido polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Europeo de Protección de Datos) e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo en que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos, na seguinte ligazón: Información sobre protección de datos persoais.
Dereito aplicable e xurisdicción competenteA lei aplicable en caso de disputa ou conflicto de interpretación dos termos que conforman este Aviso legal, así coma calquera outra cuestión relacionada cos servizos de OV Tributaria, será a lei española.