Guía de navegación
Estrutura de contidos e servizos
A páxina de inicio de OV Tributaria é dende a que se accede aos servizos e contidos publicados pola Atriga. Para facilitar a experiencia do usuario a información e servizos vaise amosar sobre a mesma páxina co que nunca vai perder o contexto da súa navegación.

Por este motivo todas as páxinas van ter unha estrutura similar:
-
1. Cabeceira. Nesta sección móstrase o logotipo da Oficina Virtual Tributaria, a opción para cambiar o idioma, a data e hora actual e o botón "O meu Espazo", desde o cal o usuario pode iniciar sesión no portal.
-
2. Navegación global. Corresponde ao menú principal do portal. Aquí atópanse os apartados "A OVT", "Trámites" e "Axuda", así como unha icona de lupa que permite realizar procuras de trámites.
-
3. Espazo central. Área principal da páxina, onde se mostran os trámites destacados e un buscador que facilita a súa localización.
-
4. Ligazóns de interese. Bloque con ligazóns relevantes, como "Axúdanos a mellorar" (formulario de suxestións), "Que é a OV Tributaria" e "Sobre a ATRIGA" (ligazón ao portal de ATRIGA).
-
5. Pé de páxina. Zona inferior da web con información corporativa da Oficina Virtual Tributaria e ligazóns de interese adicionais.
Durante a navegación do usuario é posible que se abran contidos ou servizos en novas ventás ou lapelas: ben polo acceso ao servizo específico que demanda o usuario ou ben a portais de terceiros para ampliar a información que se amosa.
Como acceder aos servizos electrónicos
O acceso aos servizos publicados en OV Tributaria pódese facer de catro xeitos diferentes:
-
1.Mediante o menú principal, onde os servizos atópanse agrupados por categorías
-
2.Mediante o buscador localizado no menú principal en forma de lupa e na home do portal
-
3.Mediante os trámites destacados situados na home
- 4.Mediante o localizador de trámites por parámetros situado na parte inferior da páxina.


