Guía de navegación
Estrutura de contidos e servizos
A páxina de inicio de OV Tributaria é dende a que se accede aos servizos e contidos publicados pola Atriga. Para facilitar a experiencia do usuario a información e servizos vaise amosar sobre a mesma páxina co que nunca vai perder o contexto da súa navegación.
Por este motivo todas as páxinas van ter unha estrutura similar:
- Cabeceira. Onde se localizan os logotipos das imaxes institucionais e de OV Tributaria, a posibilidade do cambio de idioma e o mapa de organización da información.
- Navegación global. Onde hai a posibilidade de retornar ao inicio de navegación, de facer unha búsqueda global, onde se amosa a data e hora oficiais e o propio acceso a esta páxina (Axudámoslle).
- Espazo central. No que se vai producir as principais interaccións entre o usuario e OV Tributaria: vai poder acceder aos servizos, ao espazo personalizado (Meu espazo), e vai poder consultar os avisos para os usuarios.
- Utilidades e ferramentas. Contendo accesos: ao buscador parametrizado de trámites e servizos, a un espazo de descargas, ao servizo de verificación de documentos, e a información xeral e legal de uso de OV Tributaria.
- Pé de páxina corporativo da Xunta de Galicia onde hai a posibilidade de contactar coa Atriga a través do servizo de Atendémolo.
Durante a navegación do usuario é posible que se abran contidos ou servizos en novas ventás ou lapelas: ben polo acceso ao servizo específico que demanda o usuario ou ben a portais de terceiros para ampliar a información que se amosa.
Como acceder aos servizos electrónicos
O acceso aos servizos publicados en OV Tributaria pódese facer de tres xeitos diferentes:
- Mediante o buscador localizado na parte superior da páxina
- Mediante a navegación polas agregacións de servizos amosados no espazo central e principal de OV Tributaria
- Mediante o localizador de trámites por parámetros situado na parte inferior da páxina.