Contido web

Estás en:
  • Trámites
  • Consulta e pago de débedas. Pago de taxas e prezos, multas e sancións e obtención de certificados

Contido web

Consulta e pago de débedas. Pago de taxas e prezos, multas e sancións e obtención de certificados

Consulta e paga as débedas pendentes e paga as taxas, prezos, multas e sancións no ámbito da comunidade autónoma de Galicia. Así como, obtén os certificados de non ter débedas pendentes en período executivo e de ter ou non presentado o imposto sobre o patrimonio.

Categorias OVT

Xestións

Información

Este servizo permítelle a consulta e pago de débedas pendentes no ámbito da comunidade autónoma de Galicia. Poderá realizar telemáticamente o ingreso das mesmas mediante as modalidades de cargo en conta ou tarxeta.

O servizo está dispoñible todo o ano.

Poderá consultar as débedas pendentes mediante o acceso con certificado dixital. No caso de que existan, atoparanse nalgún destes tres estados:

  • Débedas pendentes de pago no período voluntario, ás que poderá proceder ao seu ingreso telemático.
  • Débedas xa ingresadas telematicamente, pero pendentes de confirmación do pago por parte da entidade colaboradora.
  • Débedas pendentes en vía executiva, ás que poderá proceder ao seu pago a través da pasarela de "pago de débedas".

Poderanse pagar os documentos de pago dos modelos 707 (para liquidacións, autoliquidacións e providencias de constrinximento), dos modelos 708 (para prazos de aprazamento/fraccionamento e liquidacións) e dos modelos 990 e 991 (para providencias de constrinximento) tanto con certificado dixital, como mediante acceso libre.

Mediante o acceso libre, o pago poderase realizar co número da tarxeta a través do TPV.

Mediante o acceso con certificado, o pago poderase realizar co número da tarxeta a través do TPV ou con cargo en conta, nas entidades que o admitan.

Os pagos con tarxeta a través do TPV limítanse aos 3.000 €. No caso de acceder con certificado, poden ser de aplicación as limitacións adicionais particulares que teña cada usuario.

Para o pago dos modelos 707 e 708, ten que introducir correctamente o dato do número da carta de pago, o dato do NIF titular da débeda e o importe que figure na carta de pago. No caso do acceso libre deberá cubrir un correo electrónico onde recibirá un código de verificación que lle permitirá igualmente retomar ou consultar a operación de pagamento.

Para o pago dos modelos 990 e 991, ten que introducir correctamente o dato do número da providencia de constrinximento e o NIF titular da débeda, así como o importe a pagar.

Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema no seguinte enlace: Atendémolo

Xestións

Información

Este servizo permítelle realizar a autoliquidación de taxas e prezos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Poderá realizar a xestión por vía telemática ou presencial.

 

Se desexa tramitar a taxa por vía telemática, deberá introducir os datos da taxa e efectuar o pago da mesma. Para isto dispón das modalidades de pago telemático (cargo en conta ou tarxeta) e pago presencial (mediante un impreso para presentar na entidade bancaria). Unha vez realizado o ingreso obterá o xustificante correspondente.

 

Se desexa tramitar a taxa de xeito presencial poderá obter un modelo en branco para cubrir ou ben introducir os datos da taxa e a aplicación lle proporcionará o modelo xa cuberto.

Este servizo está dispoñible todo o ano.

Para a realización do trámite deberá cubrir os códigos de consellería, servizo, delegación e taxa, así como a descrición do obxecto do pago e importe a ingresar.

Posteriormente deberá cumprimentar os datos persoais. Se utiliza certificado dixital serán cubertos automáticamente cos datos que consten na base de datos tributaria, ademais, poderá retomar a operación en calquera momento utilizando o mesmo certificado. Para a modalidade de acceso libre (sen certificado dixital) deberá cubrir un correo electrónico onde recibirá un código de verificación que lle permitirá igualmente retomar ou consultar a operación de taxa.

 

Poderá consultar a normativa tributaria asociada a este imposto na web da Axencia Tributaria de Galicia

Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema no seguinte enlace: Atendémolo

Xestións

Información

Este servizo permítelle realizar o pago de multas e sancións no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para efectuar o pagamento telemático dispón das modalidades de cargo en conta ou tarxeta. Unha vez realizado o ingreso obterá o xustificante correspondente.

Este servizo está dispoñible todo o ano.
Para a realización do trámite deberá cubrir os datos específicos da multa ou sanción: códigos da multa/sanción, obxecto do pagamento (con información adicional no caso de multas) e importe a ingresar.
Posteriormente deberá cumprimentar os datos persoais. Se utiliza certificado dixital serán cubertos automaticamente cos datos que consten na base de datos tributaria, ademais, poderá retomar a operación en calquera momento utilizando o mesmo certificado. Para a modalidade de acceso libre (sen certificado dixital) deberá cubrir un correo electrónico onde recibirá un código de verificación que lle permitirá igualmente retomar ou consultar a operación de pagamento.

Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema no seguinte enlace: Atendémolo

Xestións

Información

Expedición, a petición do interesado, da certificación de non ter débedas pendentes en período executivo ou de ter ou non presentada a declaración do imposto sobre o patrimonio no ámbito da comunidade autónoma de Galicia.

Se dispón de certificado dixital poderá solicitar e obter o certificado de débedas/patrimonio telemáticamente accedendo a este servizo.
Noutro caso pode realizar o trámite presencialmente dirixíndose a calquera de las oficinas xestoras de recadación da Axencia Tributaria de Galicia. Dispón dunha relación no seguinte enlace:

 

Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema no seguinte enlace: Atendémolo