Contido web
Contido web
Ferramentas de asistencia virtual
Conxunto de ferramentas de asistencia virtual integrado polos seguintes apartados.
Categorias OVT
Xestións
Información
Descrición
Este servizo informa do valor dos bens inmobles que vaian ser obxecto de adquisición ou transmisión se NON teñen valor de referencia.
Máis información en valoración de bens.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
Para realizar a valoración deberás indicar a data de devindicación, o tipo de ben, referencia catastral e os datos de situación.
Se o inmoble ten valor de referencia, a aplicación informa de que podes consultalo en Catastro e de como actuar para cubrir os modelo 600 ou 651 da OV Tributaria.
Se o ben non ten valor referencia e non se pode obter a valoración por este servizo, poderás presentar unha solicitude de valoración previa nas oficinas de atención á cidadanía e de rexistros ou en sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento PR004A) ou por calquera dos medios admitidos polo artigo 39.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Normativa
Puedes consultarla en normativa general.
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
Este servizo permite obter a valoración dos medios de transporte usados para os efectos dos impostos de transmisión de medios de transporte usado, sucesións e doazóns.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
Para realizar a valoración deberás indicar o tipo do medio de transporte usado, datas de devindicación e matriculación, marca, modelo e características técnicas. O valor fiscal calcularase segundo as táboas que anualmente aproba o Ministerio de Facenda.
Para gardar a valoración deberás cumprimentar o NIF do suxeito pasivo, matrícula e número de bastidor, o que che permitira consultala ou reimprimila en calquera momento, así como utilizala, mentres se atope vixente, na declaración dos impostos de transmisións medios de transporte usados, sucesións e doazóns.
Normativa
Podes consultala en normativa asociada.
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
Este servizo permite verificar o contido dos cartóns de bingo emitidos de xeito electrónico pola Atriga ás salas de bingo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
Para a verificación deberás cubrir os datos identificativos impresos no cartón a comprobar e o código seguro de verificación (CSV).
Se dispós de lector de códigos de barras poderás utilizalo para introducir o CSV situando o cursor no campo asociado. Se o código é correcto, mostrarase un resumo do cartón: nome da sala de bingo, data e hora de emisión do cartón.
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
O Código Seguro de Verificación (CSV) é un código alfanumérico que identifica de forma única un documento emitido pola oficina virtual da Axencia Tributaria de Galicia e permite verificar a autenticidade e integridade dun documento impreso en papel mediante o cotexo co documento electrónico orixinal.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
Para comprobar a validez dun documento deberás introducir o CSV que figura impreso no apartado do selo do documento.
Se dispós de lector de códigos de barras poderás utilizalo para introducir o CSV situando o cursor no campo asociado.
Se o código é correcto, mostrará un resumo do documento contendo:
- Tipo de documento (xustificante de presentación dun imposto, un certificado de débedas, etc.)
- Expediente, autoliquidación, certificado, etc., co que está relacionado o documento.
- Emisor do documento, data e hora de emisión e, se procede, a súa validez en días.
Poderás obter unha copia pulsando no gráfico da parte superior dereita da pantalla.
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
Este servizo permite calcular o prazo legal para a presentación dun tributo desde a data de devindicación.
No resultado do cálculo mostrarase o último día do prazo de presentación en período voluntario. Se a presentación é telemática informa do último día para a domiciliación do pago.
Tramitación
Servizo dispoñible todo ou ano.
Non ten tramitación.
Normativa
Os prazos de presentación regúlanse na normativa tributaria de cada imposto.
Podes consultala en normativa asociada.
Axuda
Para cualquier cuestión Te atendemos.
Xestións
Información
Descrición
Este servizo permite calcular os xuros aplicables nun determinado período a efectos tributarios.
Existen dous tipos de xuros:
- Xuro de mora, a favor da administración esixido cando:
- realízase un pago fóra de prazo,
- preséntase unha autoliquidación ou declaración da que resulte unha cantidade para ingresar unha vez finalizado o prazo establecido na normativa tributaria,
- cóbrase unha devolución improcedente ou
- no resto de casos previstos na normativa tributaria.
- Xuro legal, esíxese nos supostos de aprazamento, fraccionamento ou suspensión de débedas garantidas na súa totalidade mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou mediante certificado de seguro de caución.
A administración tributaria abonará este xuro nos casos de reembolso dos custos de garantía.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
Non ten tramitación.
Normativa
Podes consultala en normativa xeral.
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
Este servizo permite ao usuario realizar as seguintes tarefas:
- Descargar a aplicación ALIS para a autoliquidación do imposto de sucesións
- Obter información sobre a descarga, instalación e migración de versións anteriores.
- Descarga do manual de usuario.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
Non ten tramitación.
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
Este servizo ofrece información sobre as posibilidades de pagamento segundo a modalidade de acceso á OV Tributaria e o tipo de débeda a pagar.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
Consulta selectiva das posibilidades para realizar o pagamento (presencial con NRC, cargo en conta, tarxeta ou Bizum) segundo o tipo de débeda e a modalidade de acceso á OV Tributaria:
- Acceso libre (sen certificado)
- Acceso con certificado (Persoa física)
- Acceso con certificado (Persoa xurídica)
- Acceso con Chave365
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
Este servizo informa das oficinas onde se pode presentar de forma presencial os impostos e a súa documentación complementaria.
Os obrigados a actuar de forma telemática realizarán a presentación de impostos pola OV Tributaria.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
A consulta permite filtrar por Delegación territorial: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, e facilita a dirección e teléfonos de cada oficina.
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
Este servizo informa dos días festivos autonómicos/locais por provincia, delegación e oficina.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
Para consultar deberás seleccionar a provincia e delegación/oficina e indicar o ano e mes. Como resultado obterás remarcados os festivos autonómicos e locais para o ano e mes elixido na provincia e delegación/oficina seleccionada.
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.