Taboleiro de Avisos

Publicador de contidos

07.11.2025

Os suxeitos pasivos do Canon Eólico teñen que presentar o modelo 007 declarando os datos do parque e dos aeroxeradores dende o 08/11/2025 ata o 15/12/2025

A Orde do 31 de outubro de 2025 pola que se modifica a Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico, establece na disposición adicional sétima, con entrada en vigor o 8 de novembro de 2025, que os suxeitos pasivos do Canon Eólico teñen que presentar o modelo 007 declarando os datos do parque e dos aeroxeradores dende o 08/11/2025 ata o 15/12/2025 seguindo as instrucións da Guía práctica da OVT.

 

Ligazóns


23.09.2025

Ampliación do prazo de ingreso das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia para os obrigados tributarios afectados polos incendios producidos en Galicia a partir do 28 de xullo de 2025

A Orde do 19 de setembro de 2025 da Consellería de Facenda e Administración Pública, amplía ata o 5 de xaneiro de 2026 o prazo para o pago das taxas devindicadas polos supostos de feito que se realicen como consecuencia dos incendios producidos en Galicia a partir do 28 de xullo de 2025 que provocaron a activación do PEIFOGA en Situación 2, de acordo cos datos facilitados pola AXEGA, e nos que o pago da taxa sexa previo á entrega do ben, á realización da actividade ou á prestación do servizo da administración gravado pola taxa. 

 

Esta medida é aplicable aos obrigados tributarios que:

 
  • Teñan o seu domicilio fiscal nos concellos afectados polos referidos incendios, ou
     
     
  • que, sen ter domicilio fiscal nos concellos afectados, tiveran  establecementos comerciais, industriais, turísticos e/ou mercantís ou instalacións e/ou explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras radicados neles.
 

Os obrigados tributarios afectados por esta medida deberán presentar un modelo especial de autoliquidación (AI-D) e domiciliar o importe a ingresar. 

 

Dito modelo de autoliquidación estará dispoñible a través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) no servizo Pago de taxas e prezos.

 


30.08.2025

Ampliación de prazos para os obrigados tributarios afectados polos incendios producidos en Galicia a partir do 28 de xullo de 2025

A Orde do 29 de agosto de 2025 da Consellería de Facenda e Administración Pública, amplía ata o 30 de setembro de 2025 os seguintes prazos de presentación que non estiveran vencidos na data de inicio dos incendios que provocaron a activación do PEIFOGA en Situación 2, para todos os impostos xestionados pola Axencia Tributaria de Galicia:
 

a) A presentación de declaracións e autoliquidacións así como da documentación correspondente e o ingreso da débeda tributaria autoliquidada.

 
b) A presentación de solicitudes de prórroga para a presentación de autoliquidacións e documentación do imposto sobre sucesións.
 
Esta medida é aplicable aos obrigados tributarios que:
 
  • teñan o seu domicilio fiscal nos concellos afectados polos referidos incendios, ou
  • que, sen ter domicilio fiscal nos concellos afectados, tiveran  establecementos comerciais, industriais, turísticos e/ou mercantís ou instalacións e/ou explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras radicados neles.
Os obrigados tributarios que desexen ampliar ditos prazos deberán presentar unha solicitude xunto coa declaración, autoliquidación ou solicitude de prórroga.
Así mesmo, os obrigados tributarios que xa tiveran cumpridas as súas obrigas de presentación no momento da publicación da Orde do 29 de agosto de 2025 pero dita presentación se fixese fora de prazo, tamén poderán solicitar a ampliación ata o 30 de setembro de 2025. 
 
 
NOTA: Os obrigados tributarios afectados por esta medida que realicen as autoliquidacións a través da Oficina Virtual Tributaria/ALIS, deberán eliminar o importe da recarga por declaración extemporánea que se xere de forma automática.

29.04.2025

Debido ao apagón eléctrico ocorrido onte, algúns dos nosos servizos non estarán dispoñibles temporalmente.

Estamos a traballar para restablecer a operatividade completa canto antes.

Agradecemos a súa comprensión e lamentamos as molestias que isto poida causar.

 .


30.05.2024

AVISO!

Restablecida a consulta ao rexistro de vehículos da DGT para a autoliquidación do imposto de transmisións de medios de transporte usado (Modelo 620).

Desculpen as molestias.

 .


28.05.2024

AVISO:

Por causas alleas á oficina virtual tributaria da Consellería de Facenda, non está dispoñible a consulta do rexistro de vehículos da DGT para a autoliquidación do imposto de transmisións de medios de transporte usado.

Desculpen as molestias.

.


20.04.2024

AVISO

O vindeiro día 20.04.2024 entre as 08.00 horas e as 14.00 horas os servizos de autenticación e sinatura dixital con certificados emitidos pola FNMT non estarán dispoñibles.

 

Interrupción do servizo dende as 08.00 horas ata as 14.00 horas.


27.02.2024

AVISO:

Restablecida a consulta do rexistro de vehículos da DGT para a autoliquidación do imposto de transmisións de medios de transporte usado.

Desculpen as molestias.

.


26.02.2024

AVISO: Por causas alleas á oficina virtual tributaria da Consellería de Facenda, non está dispoñible a consulta do rexistro de vehículos da DGT para a autoliquidación do imposto de transmisións de medios de transporte usado.

Desculpen as molestias.

.


10.01.2024

Dispoñibilidade horaria

Entre as 00:00h e as 3:00h a oficina virtual pode non estar dispoñible pola realización de tarefas técnicas.

Ademais, os trámites que requiran de pagamentos telemáticos están suxeitos á dispoñibilidade horaria das plataformas de pago das entidades bancarias colaboradoras. Pode consultar a relación das ditas entidades bancarias e o horario das súas plataformas de pago nesta ligazón.


09.01.2024

Debido a tarefas técnicas nos sistemas de información tributaria, a Oficina Virtual Tributaria e a Plataforma de pagamentos non estarán dispoñibles o xoves, 11.01.2024 dende as 15.00h ata as 21.00h
Reactivaranse os servizos en canto remate a intervención programada

.


24.03.2023

Debido a tarefas técnicas nos sistemas de información tributaria, a Oficina Virtual Tributaria e a Plataforma de pagamento non estarán dispoñibles temporalmente: Luns 27.03.2023 das 16.00 h ata as 19.00 h

Reactivaranse os servizos en canto remate a intervención programada.

.


11.01.2022

Debido a tarefas técnicas nos sistemas de información, a Oficina Virtual Tributaria non estará dispoñible dende o xoves, 13.01.2022 ás 15.00h ata o venres, 14.01.2022 ás 8.00h

.


28/01/2021

Debido a tarefas técnicas nos sistemas tributarios, a Oficina Virtual Tributaria non estará dispoñible o luns 01.02.2021 dende as 00.00h ata as 20.00h

-


15/01/2021

Debido a tarefas técnicas nos sistemas de información, a Oficina Virtual Tributaria podería sufrir cortes intermitentes dende o venres, 15.01.2021 ás 20.00h ata o sábado 16.01.2020 ás 02.00h

-


06/05/2020

Novos servizos na OVT: presentación de documentación asociada a unha autoliquidación e solicitudes de prórroga e suspensión do Imposto de sucesións


24/05/2019

Presentación do imposto de Sucesións: A partir do 01.06.2019, o Alis 4.08 será substituído polo novo programa ALISe

Descrición breve da funcionalidade:

  1. Multiplataforma
  2. Detección automática de novas versións
  3. Incorporación de valoracións web mellorada
  4. Pactos sucesorios con reserva do usufruto do causante
  5. Cálculo de reducións: axuste automático das reducións por grupo de parentesco e minusvalía aos importes das bases impoñibles
  6. Minoración de reducións de pactos sucesorios previos
  7. Novas casas 7a e 7b

05/07/2017

Lanzamento de OV Tributaria e desaparición da antiga Oficina Virtual Tributaria

A Consellería de Facenda e a Atriga informan da apertura de OV Tributaria coma novo portal de información e servizos, substituíndo á antiga Oficina Virtual Tributaria.