Contido web
Contido web
Consulta e pago de débedas. Pago de taxas e prezos, multas e sancións e obtención de certificados
Consulta e paga as débedas pendentes e paga as taxas, prezos, multas e sancións no ámbito da comunidade autónoma de Galicia.
Obtén os certificados de non ter débedas pendentes en período executivo e de ter ou non presentado o imposto sobre o patrimonio.
Categorias OVT
Xestións
Información
Descrición
Este servizo permite a consulta e pago de débedas pendentes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Tramitación
En "Consulta e pago de débedas notificadas en voluntaria" podes consultar as débedas pendentes con certificado dixital ou Chave365. Se existen débedas pendentes, atoparanse nalgún destes estados:
- Débedas pendentes de pago no período voluntario: podes realizar o seu ingreso telemático.
- Débedas xa ingresadas de maneira telemática, pero pendentes de confirmación do pago pola entidade colaboradora.
- Débedas pendentes en vía executiva: se non se ditou a providencia de constrinximento, podes realizar o seu ingreso telemático.
- Ditada a providencia de constrinximento, o ingreso telemático realízase por "Pago de débedas".
En "Pago de débedas" poderás pagar estes documentos de pago mediante acceso libre, certificado dixital ou Chave365:
- Modelo 707. Liquidacións practicadas pola Administración.
- Modelo 708. Pagos aprazados ou fraccionados.
- Modelo 710. Providencias de constrinximento xestionadas pola delegación
- Modelo 990. Providencias de constrinximento.
- Modelo 991. Providencias de constrinximento sen xustificante.
Se pagas mediante acceso libre debes indicar un correo electrónico onde recibirás un código de verificación que che permitirá retomar ou consultar a operación de pago. Se desexas continuar unha operación xa iniciada, deberás acceder de novo ao servizo, introducir novamente os datos de pago e, unha vez validados e comprobado que existe unha operación previa, introduce o código recibido por correo electrónico e retomarase a operación.
Para pagar os modelos 990 e 991 debes cubrir:
- número da providencia de constrinximento,
- NIF do titular da débeda e
- importe a pagar.
Mediante acceso libre ou Chave365 poderás realizar o pago con:
- tarxeta de débito ou crédito por TPV,
- Bizum ou
- transferencia desde conta aberta en entidade non colaboradora.
Mediante acceso con certificado dixital poderás realizar o pago con:
- tarxeta de débito ou crédito por TPV,
- cargo en conta (nas entidades que o admitan),
- Bizum,
- de xeito presencial con NRC (nas entidades colaboradoras e oficinas de Correos) ou
- transferencia desde conta aberta en entidade non colaboradora.
O pago con tarxeta por TPV limítase a 3.000 €. Se se accede con certificado poden aplicarse as limitacións adicionais particulares de cada usuario.
O pago por Bizum limítase a certas cantidades.
Máis información en formas de pago.
Normativa
Podes consultala en normativa asociada.
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
Este servizo permite realizar a autoliquidación de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia por vía telemática ou presencial.
Para tramitar a taxa por vía telemática, deberás indicar os datos da taxa e efectuar o pago para obter o xustificante correspondente.
Para tramitar a taxa de forma presencial, poderás obter un modelo en branco para cubrir ou indicar os datos da taxa na aplicación e obterás o modelo cuberto.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
Para autoliquidar unha taxa ou prezo deberás cubrir:
- os códigos de consellería, servizo, delegación e taxa/prezo,
- a descrición do obxecto de pago,
- o importe para ingresar e
- os teus datos persoais.
Se utilizas certificado dixital os datos persoais cubriranse automaticamente conforme aos que consten na base de datos tributaria e poderás retomar a operación en calquera momento.
Na modalidade de acceso libre (sen certificado dixital) deberás indicar un correo electrónico onde recibirás un código de verificación que che permitirá retomar ou consultar a operación de taxa.
A taxa/prezo poderase pagar:
- En acceso libre ou con Chave365 con
- tarxeta de débito ou crédito por TPV,
- Bizum ou
- transferencia desde conta aberta en entidade non colaboradora.
- En acceso con certificado dixital con
- tarxeta de débito ou crédito por TPV,
- cargo en conta nas entidades que o admitan,
- Bizum,
- transferencia desde conta aberta en entidade non colaboradora ou
- de xeito presencial con NRC nas entidades colaboradoras e oficinas de Correos.
O pago con tarxeta por TPV limítase a 3.000 €. Se se accede con certificado poden aplicarse as limitacións adicionais particulares de cada usuario.
O pago por Bizum limítase a certas cantidades.
Máis información en formas de pago.
Normativa
Podes consultala en normativa asociada.
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
Este servizo permite realizar o pago de multas e sancións dos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia en período voluntario.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
Poderás pagar os documentos de pago mediante acceso libre, certificado dixital ou Chave365.
Se dispós de carta de pago, deberás indicar o número da carta de pago da multa/sanción. Se a multa/sanción é da Dirección Xeral de Movilidade poderás realizar o pago introducindo o código multa/sanción.
Incluiranse os datos persoais que se actúas con certificado dixital estarán cubertos conforme aos que constan na base de datos tributaria.
Se pagas mediante acceso libre debes indicar un correo electrónico onde recibirás un código de verificación que che permitirá retomar ou consultar a operación de pago.
Mediante acceso libre ou Chave36 poderás realizar o pago con:
- tarxeta de débito ou crédito por TPV,
- Bizum ou
- transferencia desde conta aberta en entidade non colaboradora.
Mediante acceso con certificado dixital poderás realizar o pago con
- tarxeta de débito ou crédito por TPV,
- cargo en conta nas entidades que o admitan,
- Bizum,
- transferencia desde conta aberta en entidade non colaboradora ou
- de xeito presencial con NRC nas entidades colaboradoras e oficinas de Correos.
O pago con tarxeta por TPV limítase a 3.000 €. Se se accede con certificado poden aplicarse as limitacións adicionais particulares de cada usuario.
O pago por Bizum limítase a certas cantidades.
Máis información en formas de pago.
Normativa
Podes consultala en normativa asociada.
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
Expedición, a petición do interesado, da certificación de non ter débedas pendentes en período executivo ou de ter ou non presentada a declaración do imposto sobre o patrimonio no ámbito da comunidade autónoma de Galicia.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano
É necesario certificado dixital
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.