Contido web

Estás en:
  • Trámites
  • Presentación de documentación, recurso e solicitudes

Contido web

Presentación de documentación, recurso e solicitudes

Asocia documentación ás autoliquidacións, declaracións e recursos presentados, atende a requirimentos, formula alegacións e presenta solicitudes.

Categorias OVT

Xestións

Información

Este servizo permite 

  • asociar documentación a autoliquidacións ou a recursos presentados pola OVT,  
  • atender a requirimentos e alegacións podendo anexar documentación e 
  • consultar as operacións realizadas

Certificado dixital 

Servizo dispoñible todo o ano.

Para calquera cuestión Atendémoste.

Xestións

Información

Este servizo permite: 

  • presentar recursos contra as liquidacións e providencias notificadas pola Atriga e a súa documentación asociada,  
  • consultar as operacións realizadas.

Os recursos contra as liquidacións derivadas dun procedemento inspector NON se poden presentar por este servizo.  A presentación poderase realizar polo modelo PR004A da Sede electrónica da Xunta de Galicia, sen prexuízo dos demais medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para presentar un recurso en nome dun terceiro é necesario que o presentador ostente a representación do interesado e así conste na base de datos da Atriga. Esta representación pódese outorgar polo servizo "Representación de Terceiros".

Servizo dispoñible todo o ano.

É necesario certificado dixital.

Para a presentación dun recurso debes cubrir os datos da liquidación ou providencia obxecto do recurso e consultar.  Posteriormente, formularás as alegacións que desexes para a interposición do recurso.

Xestións

Información

Este servizo permite efectuar os seguintes trámites de forma telemática e anexar a documentación necesaria: 

  • Presentar unha solicitude de aprazamento ou fraccionamento dunha débeda cuxo cobro corresponda á Atriga que se atope tanto en período voluntario de pago como en período executivo. 
  • Presentar unha solicitude de compensación de débedas cuxo cobro corresponda á Atriga que se atope tanto en período voluntario de pago como en período executivo, se a persoa debedora ten créditos recoñecidos ao seu favor por aquela. 
  • Presentar unha solicitude para reclamar a devolución dun importe ingresado indebidamente na Atriga, entre outros casos, por unha duplicidade no pago, por facerse despois de prescribir a débeda, por ingresar un importe superior ao da débeda ou por anularse esta. 
  • Presentar unha solicitude para prorrogar ou suspender o prazo de presentación do Imposto sobre Sucesións, sempre e cando se cumpran os requisitos previstos nos artigos 68 e 69, respectivamente, do Regulamento do Imposto sobre Sucesións e Doazóns aprobada polo Real Decreto 1629/1991, do 8 de novembro de 1991.

Servizo dispoñible todo o ano.  

É necesario certificado dixital.  

A presentación de solicitudes realizada por este servizo xera un xustificante co número de entrada no Rexistro Electrónico Xeneral da Xunta de Galicia, data e hora da presentación.