Contido web
Contido web
Outros servizos
Neste apartado poderás consultar os teus datos persoais, os teus expedientes, darte de alta no servizo de avisos sobre asuntos tributarios, crear e xestionar autorizacións asociadas ao teu NIF para realizar trámites en nome de terceiros, obter o código necesario para realizar transferencia bancarias á Atriga, así como obter os xustificantes das mesmas, xestionar domiciliacións e obter os xustificantes dos pagos por xiro postal.
Categorias OVT
Xestións
Información
Descrición
Este servizo permite a consulta dos teus datos persoais e a modificación da dirección de notificación.
NOTA: Se o que desexas é modificar o teu domicilio fiscal deberás acudir á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
É necesario certificado dixital.
Se aprecias algún erro no teu nome e/o apelidos, podes modificalos nas oficinas xestoras da Atriga, achegando a documentación xustificativa correspondente.
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
Este servizo permite consultar e recorrer liquidacións.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
É necesario certificado dixital.
Na lista de expedientes/liquidacións poderás:
- Detalle: consultar o expediente/liquidación e imprimir un borrador da autoliquidación presentada.
- Recorrer: presentar un recurso.
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
Este servizo permite, se facilitas un número de teléfono móbil e/o unha dirección de correo electrónico, crear e xestionar as subscricións a un sistema de avisos de servizos.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
É necesario certificado dixital.
Para altas novas de avisos, deberás escoller o tipo de servizo e cubrir os campos obrigatorios segundo os medios de envío dispoñibles (SMS ou correo electrónico) e confirmar a alta da subscrición.
Para modificar unha subscrición, deberás seleccionar, modificar os datos e confirmar a modificación.
Para darte de baixa dunha subscrición activa, deberás seleccionala e confirmar a baixa.
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
Este servizo permite crear, xestionar e consultar as autorizacións asociadas a un NIF para realizar trámites ante a Atriga.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
É necesario certificado dixital.
As accións que podes realizar dependen do estado da autorización e de se actúas como representado ou representante.
Como REPRESENTADO poderás:
- crear novas autorizacións,
- modificar ou anular autorizacións pendentes de aceptar,
- revogar autorizacións aceptadas e
- imprimir un xustificante dunha autorización aceptada ou revogada.
Como REPRESENTANTE poderás:
- aceptar ou rexeitar unha autorización pendente de aceptar,
- revogar autorizacións aceptadas e
- imprimir un xustificante dunha autorización aceptada ou revogada.
Notas:
- Se o representante non está previamente rexistrado como autorizado ante Atriga non poderá xestionar de maneira telemática a autorización.
- Nun período determinado e para un mesmo trámite, o representado só poderá autorizar a un único representante.
Axuda
Guía de usuario para a creación de representación de terceiros
Para atender cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
Mediante este servizo poderás
- pagar débedas pendentes a favor da Comunidade Autónoma de Galicia por transferencia bancaria desde unha conta aberta nunha entidade que non sexa colaboradora na recadación con esta administración,
- consultar unha solicitude vixente non terminada ou completada correctamente no caso dunha solicitude de pago por transferencia de multas e sancións,
- obter o xustificante de pago por transferencia cando sexa validada e efectiva.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
Por transferencia bancaria poderanse pagar:
- os documentos de pago dos modelos de autoliquidacións de impostos con recoñecemento de débeda,
- Modelo 707. Liquidacións practicadas pola Administración.
- Modelo 708. Pagos aprazados ou fraccionados
- Modelo 710. Providencias de constrinximento xestionadas pola delegación.
- Modelo 731. Taxas e prezos.
- Modelo 732. Multas e sancións
O pago de multas ou sancións tamén pode realizarse polo servizo "Pago telemático de multas e sancións".
Para o pago por transferencia bancaria nunha conta da administración deberás obter, con carácter previo, un "Código de Pago por Transferencia" (en diante CPT) relacionado co documento que pretendes pagar e terá unha validez de dez días naturais.
Introducidos os datos do documento e da conta bancaria de orixe, o programa validará que se cumpran as condicións para utilizar esta vía de pago e xerara un documento que inclúe o CPT, a conta destinataria da transferencia, as condicións e requisitos desta vía de pago.
O CPT deberás incluílo obrigatoriamente de forma completa e exacta no "concepto de transferencia" ao ordenar esta. NON debes incluír outra información distinta a este código.
Validadas as transferencias recibidas, poderás obter o xustificante de pago introducindo os datos iniciais. Un aviso indicará que a operación xa está paga e que podes obter o xustificante. Considérase que o ingreso se produce na data de entrada do importe na conta restrinxida de recadación designada para o efecto.
Podes obter máis información en formas de pago.
Normativa
Podes consultala en normativa asociada.
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
Este servizo permite:
- consultar e xestionar as domiciliacións ordenadas ao efectuar a presentación da autoliquidación pola OVT e
- obter o xustificante de pago, se a domiciliación do importe da autoliquidación realízase nunha entidade non colaboradora establecida dentro da Zona SEPA e unha vez realizado o cargo na conta de domiciliación e incorporados os ingresos.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
Para consultar e xestionar as domiciliacións é necesario certificado dixital.
Podes domiciliar os pagos de autoliquidacións en contas da túa titularidade abertas en entidades colaboradoras ou en entidades distintas das colaboradoras que se atopen dentro da zona única de pagos en euros (zona SEPA).
Segundo o estado da domiciliación, poderás realizar as operacións seguintes:
- Modificación da conta de domiciliación.
- Revogación de ordes de domiciliación e poderás realizar o pago do importe revogado.
- Rehabilitación de ordes de domiciliación previamente revogadas.
Calquera destas operacións debes realizalas antes dos 5 últimos días hábiles do prazo de presentación da autoliquidación do imposto establecido na normativa reguladora de cada tributo, con excepción do pago do importe revogado que se poderá realizar ata o último día do prazo de presentación.
Para obter o xustificante de pago por domiciliación en entidade non colaboradora da Zona SEPA non é necesario certificado dixital.
Máis información en formas de pago.
Normativa
Podes consultala en normativa asociada.
Axuda
Xestións
Información
Descrición
Este servizo permítelle a obtención dun xustificante de pago cando a débeda sexa ingresada mediante xiro postal a través da Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A., S.M.E.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
Non é necesario certificado dixital.
Para obter o xustificante de pago debes introducir:
- Número de xustificante,
- NIF do obrigado ao pago,
- data de ingreso e
- o importe.
Comprobado o ingreso, mostraranse os datos e poderás descargar o xustificante de pago.
Máis información en formas de pago.
Normativa
Podes consultala en normativa asociada.
Axuda
Para calquera cuestión Atendémoste.
Xestións
Información
Descrición
Este servizo permite as entidades ou empresas pagadoras que recibiron unha dilixencia de embargo de soldos, salarios ou pensións contestar a dilixencia e facer o pago correspondente.
Tramitación
Servizo dispoñible todo o ano.
Contestación á dilixencia de embargo.
Acceso con certificado. Mediante este formulario poderá contestar á dilixencia de embargo de soldos, salarios ou pensións notificada e obter o oportuno resgardo.
Pago da dilixencia de embargo.
Acceso libre, con certificado e con Chave 365. Por esta aplicación poderá realizar o pago correspondente despois de practicar, se corresponde, á nómina ou pensión da persoa afectada polo embargo a retención do importe correspondente ata cubrir o importe da débeda.
Operacións realizadas.
Acceso con certificado. Pode consultar as operacións realizadas.