Contido web

Estás en:
  • Trámites
  • Presentación de documentación, recurso e solicitudes

Contido web

Presentación de documentación, recurso e solicitudes

Asocia documentación ás autoliquidacións, declaracións e recursos presentados, atende a requirimentos, formula alegacións e presenta solicitudes.

Categorias OVT

Xestións

Información

Este servizo require certificado dixital ou DNI electrónico e permite asociar documentación ás autoliquidacións e recursos presentados pola Oficina Virtual da Atriga, así como atender a requirimentos e formular alegacións sempre que o documento notificado pola administración conte con Código Seguro de Verificación (CSV).  

Nota: Se o documento notificado non conta CSV poderá atender a requirimentos e formular alegacións polo modelo PR004A da Sede electrónica dá Xunta de Galicia, sen prexuízo dos demais medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. 

Non se poderán presentar por este servizo, entre outros, as alegacións nos procedementos de devolución de ingresos indebidos, de compensación, de afección e retención de bens, de reembolso de custo de garantías, de nulidade de pleno dereito, de revogación e calquera outro trámite cuxo documento notificado pola Atriga non conta con  CSV.

As presentacións de documentación realizadas por este servizo, excepto a de documentación asociada ás autoliquidacións, xeran un xustificante de presentación no que se indica o número de entrada no Rexistro Electrónico Xeral da Xunta de Galicia, así como a data e hora da presentación.

Xestións

Información

Este servizo permítelle a presentación dun recurso contra un obxecto recurrible (liquidación/providencia) previamente xestionado pola ATRIGA, coa excepción das liquidacións derivadas dun procedemento inspector, en cuxo caso, o recurso non se pode presentar por esta vía, podendo utilizar o modelo PR004A da Sede electrónica da Xunta de Galicia, sen prexuízo dos demais medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para presentar un recurso en nome dun terceiro é necesario que o presentador ostente a representación do interesado e así conste na base de datos da Atriga. Dita representación pódese outorgar mediante a OVT, a través do servizo "Representación de Terceiros" sendo necesario que tanto o representado como o representante conten con certificado dixital. O interesado (representado) debe acceder a dito servizo e dar de alta a representación a favor do representante, debendo este posteriormente entrar tamén co seu propio certificado no apartado "Representación de Terceiros" e aceptar a representación outorgada. A partir dese momento o representante xa pode presentar o recurso de reposición ou a taxación pericial contraditoria pola OVT.

Este servizo está dispoñible todo o ano.
Para a presentación dun recurso deberá encher os datos obxecto do recurso e consultar. Posteriormente, deberá encher os datos das alegacións que desexe incorporar para a interposición do recurso.

Guía de usuario da presentación de documentación asociada aos recursos presentados de xeito telemático

Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema na seguinte ligazón

Atendémolo

Xestións

Información

Este servizo permítelle efectuar os seguintes trámites de forma telemática así como achegar a documentación necesaria en cada caso:

- Presentar unha solicitude de aprazamento ou fraccionamento dunha débeda cuxo cobro lle corresponda á Atriga  que se atope tanto en período voluntario de pago como en período executivo.

- Presentar unha solicitude de compensación de débedas cuxo cobro lle corresponda á Atriga que se atopen tanto en período voluntario de pago como en período executivo, sempre que o debedor/a teña créditos recoñecidos por esta.

- Presentar unha solicitude para reclamar a devolución dun importe ingresado indebidamente na Atriga, entre outros casos, por unha duplicidade no pago, por terse feito despois de prescribir a débeda, por haber ingresado un importe superior ó da débeda ou por haberse anulado esta.

- Presentar unha solicitude para prorrogar ou suspender o prazo de presentación do Imposto sobre Sucesións, sempre e cando se cumpran os requisitos previstos nos artigos 68 e 69, respectivamente, do Regulamento do Imposto sobre Sucesións e Doazóns aprobado polo Real Decreto 1629/1991, do 8 de novembro de 1991.

As presentacións de solicitudes realizadas por este servizo xeran un xustificante de presentación no que se indica o número de entrada no Rexistro Electrónico Xeral da Xunta de Galicia, así como a data e hora da presentación.