Contido web
Contido web
Presentación e pago de impostos
Confecciona, presenta e consulta as túas autoliquidacións ou declaracións
Categorias OVT
Xestións
Información
Descrición
Os impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados está regulado no Real decreto lexislativo 1/1993, de 24 de setembro, polo cal se aproba o texto refundido da Lei do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, no Real decreto 828/1995, de 29 de maio, polo cal se aproba o Regulamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e no Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado
O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados é un tributo de natureza indirecta que grava:
1. As transmisións patrimoniais onerosas.
2. As operacións societarias.
3. Os actos xurídicos documentados.
Para obter información detallada da tramitación consulte a guía do imposto a guía do imposto
Tramitación
Para a confección do modelo 600 "Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados"os obrigados tributarios poderán utilizar os programas de axuda que se atopan nesta OVT e cubrir a súa autoliquidación:
- Se non dispón de sinatura electrónica; "Confección On-line"
Introducidos os datos correspondentes, o sistema permitirá imprimir os exemplares do modelo de que se trate, que serán válidos para a presentación presencial do imposto nas delegacións territoriais da Atriga, así como nas oficinas de distrito hipotecario que teñan encomendada a recepción de dicha autoliquidacións e, se é o caso, para o pago na entidade colaboradora previo á presentación.
- Se dispón de sinatura electrónica; "Presentación telemática"
Cubertos os datos, o sistema xerará os modelos para o pago e presentación electrónica. Os modelos que se xeren a través da plataforma da oficina virtual tributaria (OVT) da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) terán a mesma validez e eficacia que os modelos en papel aprobados pola Orde 9 de decembro de 2020.
A presentación electrónica das autoliquidacións e, se é o caso, da documentación complementaria prevista na Orde do 9 de decembro de 2020 ten carácter obrigatorio para os obrigados tributarios seguintes:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica as que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
c) As persoas que representen a un contribuínte que estea obrigado á presentación e pago electrónico.
Para obter información detallada sobre o pago e presentación electrónica consulte a guía do imposto
Normativa
Poderá consultar a normativa tributaria asociada a este imposto na web da Axencia Tributaria de Galicia
Axuda
Guía de usuario do modelo 600 - Transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados
Guía de usuario da solicitude de aprazamento/fraccionamento de débedas
Guía de usuario da presentación de documentación asociada á presentación de impostos
Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema no seguinte enlace
Xestións
Información
Descrición
O concepto de actos xurídicos documentados, modalidade de documentos mercantís, está regulado no Real Decreto Lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo cal se aproba o Texto refundido da Lei do Imposto sobre Transmisións patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, e no Real Decreto 828/1995, do 29 de maio, polo cal se aproba o Regulamento do Imposto sobre Transmisións patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.
O modelo 610 utilizarase para realizar o pagamento en metálico do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (modalidade actos xurídicos documentados), que grava os recibos, xustificantes de pagamento, cheques e outros documentos mercantís, en substitución do emprego de efectos timbrados e, deberá ser presentado por aquelas entidades que estean autorizadas, sexan responsables solidarias do pagamento do tributo e cumpran os requisitos previstos na normativa vixente.
O modelo 615 utilizarase para realizar o pagamento en metálico do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (modalidade actos xurídicos documentados) que grava a emisión de documentos que leven aparellada acción cambiaria ou sexan endosables á orde e, deberá ser presentado por aquelas entidades e persoas ás que resulte de aplicación o disposto no artigo 17.4 da Lei 7/1996, do 15 de xaneiro, de ordenación do comercio retallista, sempre que se acollan á autorización e cumpran os requisitos establecidos na normativa vixente.
O modelo 630 utilizarase para as autoliquidacións que se practiquen polo concepto de actos xurídicos documentados do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados polo exceso do importe das letras de cambio que supere a cantidade maior da escala aplicable (192.323,87 euros), así como polas letras de cambio expedidas no estranxeiro que produzan calquera efecto xurídico ou económico en España.
Para obter máis información consulte a guía do imposto.
Tramitación
Para a confección do modelo 610 "Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Pago en metálico do imposto que grava os documentos mercantís admitidos a negociación ou cobranza por entidades colaboradoras", 615 "Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Pago en metálico do imposto que grava a emisión de documentos que leven aparellada acción cambiaria ou sexan endosables á orde" e 630 "Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Pago en metálico do imposto que grava as letras de cambio" deberanse utilizar os programas de axuda que se atopan nesta OVT e cubrir a autoliquidación.
Para os modelos 610, 615 e 630 só cabe a presentación electrónica.
En "Presentación telemática", cubertos os datos, o sistema xerará os modelos para o pago e a presentación electrónica.
Para obter información detallada sobre o pago e presentación electrónica consulte a guía do imposto.
Normativa
Poderá consultar a normativa tributaria asociada a estes impostos na web da Axencia Tributaria de Galicia.
Axuda
Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema no seguinte enlace
Xestións
Información
Descrición
O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, está regulado no Real decreto lexislativo 1/1993, de 24 de setembro, polo cal se aproba o texto refundido da Lei do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, no Real decreto 828/1995, de 29 de maio, polo cal se aproba o Regulamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e no Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado.
O obxecto de este imposto é gravar a adquisición de vehículos (coches, embarcacións ou aeronaves) como consecuencia de transmisións onerosas por actos "inter vivos", sempre que ditos vehículos non se adquiran de empresarios ou profesionais no exercicio da súa actividade empresarial ou profesional.
Para obter información detallada da tramitación consulte a guía do imposto
Tramitación
Para a confección do modelo 620. Transmisión de determinados medios de transporte usados" os obrigados tributarios poderán utilizar os programas de axuda que se atopan nesta OVT e cubrir a súa autoliquidación:
- Se non dispón de sinatura electrónica; "Confección On-line"
Introducidos os datos correspondentes, o sistema permitirá imprimir os exemplares do modelo de que se trate, que serán válidos para presentación presencial do imposto nas delegacións territoriais da Atriga, así como nas oficinas de distrito hipotecario que teñan encomendada a recepción das devanditas autoliquidacións e, se é o caso, para o pago na entidade colaboradora previo á presentación.
- Se dispón de sinatura electrónica; "Presentación telemática"
Cubertos os datos, o sistema xerará os modelos para o pago e presentación electrónica. Os modelos que se xeren a través da plataforma da oficina virtual tributaria (OVT) da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) terán a mesma validez e eficacia que os modelos en papel aprobados pola Orde 9 de decembro de 2020.
Para obter información detallada sobre o pago e presentación electrónica consulte a guía do imposto
Normativa
Poderá consultar a normativa tributaria asociada a este imposto na web da Axencia Tributaria de Galicia
Axuda
Guía de usuario do modelo 620 - Transmisión de medios de transporte usado
Guía de usuario da solicitude de aprazamento/fraccionamento de débedas
Guía de usuario da presentación de documentación asociada á presentación de impostos
Para atender cualquier cuestión sobre el servicio por favor pulse el siguiente enlace
Xestións
Información
Descrición
O imposto sobre sucesións é un tributo de natureza directa e subxectiva, que grava os incrementos patrimoniais obtidos a titulo lucrativo por persoas físicas. O imposto está regulado pola Lei 29/1987, do 18 de decembro, do imposto sobre sucesións e doazóns, polo Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns e polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado
O obxectivo deste imposto é gravar os incrementos de patrimonio que se producen pola adquisición de ben e dereitos por herdanza, legado ou calquera outro título sucesorio, así como os seguros de vida nos que o contratante sexa persoa distinta do beneficiario. É un imposto incompatible co imposto sobre a renda das persoas físicas polo que a renda gravada polo imposto de sucesións non se someterá ao I.R.P.F.
Grávase o adquirido por cada suxeito pasivo, tomando como base, no caso das herdanzas, o patrimonio neto do causante, é dicir, os seus bens menos as cargas, débedas e gastos.
Para obter información detallada da tramitación consulte a guía do imposto
Tramitación
Para a confección do modelo 650 "Imposto sobre sucesións e doazóns: autoliquidación-sucesións." os obrigados tributarios poderán utilizar o programa de axuda ALIS (Descarga ALIS para presentación de sucesións) que permite obter o modelo de autoliquidación:
- Se non dispón de sinatura electrónica; "Sen certificado"
Introducidos os datos correspondentes, o programa permitirá imprimir os exemplares do modelo, que serán válidos para a presentación presencial do imposto nas delegacións territoriais da Atriga, así como nas oficinas de distrito hipotecario que teñan encomendada a recepción de dicha autoliquidacións e, no seu caso, para o pago na entidade colaboradora previo á presentación.
- Se dispón de sinatura electrónica; "Con certificado"
Cubertos os datos, o sistema xerará os modelos para o pago e presentación electrónica. Os modelos que se xeren a través do programa de axuda terán a mesma validez e eficacia que os modelos en papel aprobados pola Orde 21 de xaneiro de 2021.
Para obter información detallada sobre o pago e presentación electrónica consulte a guía do imposto
Normativa
Poderá consultar a normativa tributaria asociada a este imposto na web da Axencia Tributaria de Galicia
Axuda
Guía de usuario da presentación de documentación asociada á presentación de impostos
Guía de usuario da solicitude de prórroga e suspensión de sucesións
Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema na seguinte ligazón
Xestións
Información
Descrición
O imposto sobre doazóns é un tributo de natureza directa e subxectiva, que grava os incrementos patrimoniais obtidos a titulo lucrativo por persoas físicas. O imposto está regulado pola Lei 29/1987, do 18 de decembro, do imposto sobre sucesións e doazóns, polo Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns e polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado.
O obxectivo deste imposto é gravar os incrementos de patrimonio que se producen por doazóns e transmisións inter vivos equiparables, así como o contrato de seguro sobre a vida, para caso de sobrevivencia do asegurado e o contrato individual de seguro para caso de falecemento do asegurado que sexa persoa distinta do contratante, cando nun e outro caso o beneficiario sexa persoa distinta do contratante.
Para obter información detallada da tramitación consulte a a guía do imposto
Tramitación
Para a confección do modelo 651 "Imposto sobre sucesións e doazóns: autoliquidación-doazóns." os obrigados tributarios poderán utilizar os programas de axuda que se atopan nesta OVT e cubrir a súa autoliquidación:
- Se non dispón de sinatura electrónica; "Confección On-line"
Introducidos os datos correspondentes, o sistema permitirá imprimir os exemplares do modelo que serán válidos para a presentación presencial do imposto nas delegacións territoriais da Atriga, así como nas oficinas de distrito hipotecario que teñan encomendada a recepción das devanditas autoliquidacións e, se é o caso, para o pago na entidade colaboradora previo á presentación.
- Se dispón de sinatura electrónica; "Presentación telemática"
Cubertos os datos, o sistema xerará os modelos para o pago e presentación electrónica. Os modelos que se xeren a través da plataforma da oficina virtual tributaria (OVT) da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) terán a mesma validez e eficacia que os modelos en papel aprobados pola Orde 21 de xaneiro de 2021.
Para obter información detallada sobre o pago e presentación electrónica consulte a guía do imposto
Normativa
Poderá consultar a normativa tributaria asociada a este imposto na web da Axencia Tributaria de Galicia
Axuda
Guía de usuario do modelo 651 - Doazóns
Guía de usuario da solicitude de aprazamento/fraccionamento de débedas
Guía de usuario da presentación de documentación asociada á presentación de impostos
Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema no seguinte enlace
Xestións
Información
Descrición
O modelo 660 "Declaración - documento sucesorio" utilizarase para a presentación de documentos relacionados con adquisicións mortis causa que fosen previamente obxecto de presentación a través dos modelos 650 Imposto sobre sucesións e doazóns: autoliquidación-sucesións e, se é o caso, D650 Imposto sobre sucesións e doazóns: adquisicións mortis causa. Declaración que conteñan feitos impoñibles non suxeitos.
Declaración- documento sucesorio non ten prazo de presentación.
Para obter máis información sobre a Declaración-documentos sucesorio consulte a guía do imposto.
Tramitación
Para a confección do modelo 660 "Declaración - documento sucesorio" os interesados poderán utilizar os programas de axuda que se atopan nesta OVT e cubrir a súa declaración:
- Se non dispón de sinatura electrónica; "Confección On-line" Introducidos os datos correspondentes, o sistema permitirá imprimir os exemplares do modelo que serán válidos para a presentación presencial da declaración nas delegacións territoriais da Atriga, así como nas oficinas de distrito hipotecario que teñan encomendada a recepción das mesmas.
- Se dispón de sinatura electrónica; "Presentación telemática" Cubertos os datos, o sistema xerará os modelos para a súa presentación electrónica. Os modelos que se xeren a través da plataforma da oficina virtual tributaria (OVT) terán a mesma validez e eficacia que os modelos en papel aprobados pola Orde do 21 de xaneiro de 2021.
Para obter máis información sobre a Declaración-documentos sucesorio consulte a guía do imposto.
Axuda
Guía de usuario da declaración de Documentos Sucesorios
Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema no seguinte ligazón
Xestións
Información
Descrición
Constitúe o feito impoñible a autorización, celebración ou organización de xogos de sorte, envito ou azar, salvo que estivesen suxeitos ó imposto sobre as actividades de xogo, establecido na lei 13/2011, de regulación do xogo.
Para obtener información detallada da tramitación consulte a guía do imposto
Tramitación
Os suxeitos pasivos deberán autoliquida este imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizado pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, para o que deberán presentar ante ésta, con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que atoparán en https://www.atriga.gal/informacion-tributaria/tributos/tributacion-sobre-o-xogo/informacion-do-tributo
Os suxeitos pasivos deberán presentar electronicamente ante a ATRIGA unha declaración informativa das máquinas de xogo que tiveran en explotación no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia ao longo do trimestre ao que se refira a declaración. Os suxeitos pasivos accederán a OV Tributaria onde poderán aceptar os datos propostos pola aplicación informática ou ben incorporar os datos procedentes dun arquivo. Para realizar a carga dos datos procedentes de dito arquivo os suxeitos pasivos deberán empregar a aplicación de "Subida de arquivos" que se lles habilitará en OV Tributaria. A aplicación informática mostrará o modelo D-046 debidamente cuberto, cos datos previamente validados polo suxeito pasivo, debendo ser confirmado por este.
Os suxeitos pasivos accederán a OV Tributaria e iniciarán a aplicación informática para a confección das autoliquidacións correspondentes. A aplicación informática mostraralles dun xeito agregado os datos correspondentes ás máquinas das que se pretende presentar a súa autoliquidación, co cálculo da débeda tributaria total correspondente e o importe a ingresar. Confirmados os datos polo suxeito pasivo xerarase o modelo 046, que virá cuberto só polo que respecta aos datos anteriores. Este modelo supón a confección de tantos modelos 045 como máquinas agrupe.
Xerado o modelo 046 os suxeitos pasivos poderá proceder ao pagamento da débeda tributaria de calquera das formas seguintes:
- Mediante ingreso presencial da cantidade correspondente en calquera das entidades colaboradoras autorizadas pola Axencia Tributaria de Galicia para o cobro de autoliquidacións presentadas electronicamente. O ingreso formalizarase mediante a carta de pagamento que para estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o suxeito pasivo. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado que será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación (a través de "operacións realizadas").
- Mediante pagamento electrónico. O suxeito pasivo accederá ás aplicacións específicas a través de OV Tributaria e efectuará o pagamento das correspondentes autoliquidacións a través das entidades colaboradoras autorizadas pola Axencia Tributaria de Galicia para o pagamento electrónico. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará o cargo. No caso de ser aceptado o cargo, efectuará o abonamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerará o correspondente NRC.
Unha vez realizado o pagamento da débeda total ou marcada no modelo 046 a solicitude de aprazamento, para concluír co proceso, o suxeito pasivo deberá proceder á presentación do modelo 046 que suporá a presentación dunha autoliquidación por cada unha das máquinas amparadas pola súa correspondente autorización que o suxeito pasivo determinará na aplicación informática. Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolveralle ao suxeito pasivo en pantalla o modelo 046 debidamente cuberto, os modelos 045 coa autoliquidación de cada débeda tributaria, o modelo D-046.
Se a presentación fora rexeitada, o suxeito pasivo deberá proceder a rectificar os erros detectados.
*Nota 1: Esta información ten carácter divulgativo e non recolle o contido íntegro da Orde de 7 de marzo de 2014 pola que se regula a xestión e o pago electrónico da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo.
*Nota 2: Para máis información ten á súa disposición a guía do imposto en www.atriga.gal
Normativa
Poderá consultar a normativa tributaria asociada a este imposto na web da Axencia Tributaria de Galicia
Axuda
Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema no seguinte enlace: Atendémolo
Xestións
Información
Descrición
Constitúe o feito impoñible a autorización, celebración ou organización de xogos de sorte, envito ou azar, salvo que estivesen suxeitos ó imposto sobre as actividades de xogo, establecido na lei 13/2011, de regulación do xogo.
Para obtener información detallada da tramitación consulte a guía do imposto
Tramitación
Os suxeitos pasivos deberán autoliquidar o imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizado pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, para o que deberán presentar ante ésta, con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que atoparán en https://www.atriga.gal/informacion-tributaria/tributos/tributacion-sobre-o-xogo/informacion-do-tributo
Para cumprir as obrigas de presentación da autoliquidación os suxeitos pasivos incorporarán, na OV Tributaria, os datos procedentes dun arquivo que terá as especificacións técnicas que se detallan na orde, ou ben poderán confirmar os datos que a aplicación informática lles mostra, baseados nas súas solicitudes de subministración de cartóns realizadas durante o mes inmediato anterior. Para realizar a carga dos datos procedentes do arquivo ao que se refire o apartado anterior, os suxeitos pasivos deberán empregar a aplicación "Subida de Arquivos" que se lles habilitará en OV Tributaria. Unha vez transmitido o arquivo, aparecerá a mensaxe de "Transferencia completada con éxito". Incorporados os datos tras a transmisión do arquivo, mostrarase o modelo 043 debidamente cuberto, debendo ser confirmado polo suxeito pasivo. Se este tivera que modificar os datos, deberá facelo mediante a presentación dun novo arquivo cos datos rectificados.
Xerado o modelo 043 os suxeitos pasivos poderán proceder ao pagamento da débeda tributaria de calquera das formas seguintes:
- Mediante ingreso presencial da cantidade correspondente en calquera das entidades colaboradoras autorizadas por Axencia Tributaria de Galicia para o cobro de autoliquidacións presentadas electronicamente. O ingreso formalizarase mediante a carta de pagamento que para estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o suxeito pasivo. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado que será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación (a través de "operacións realizadas").
- Mediante pagamento electrónico. O suxeito pasivo accederá ás aplicacións específicas a través da OV Tributaria e efectuará o pagamento da correspondente autoliquidación, a través das entidades colaboradoras autorizadas pola Axencia Tributaria de Galicia para o pagamento electrónico. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará o cargo. No caso de ser aceptado o cargo, efectuará o abonamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerará o correspondente NRC.
Unha vez calculada a débeda e, de ser o caso, realizado o pagamento da débeda ou marcada na autoliquidación a solicitude de aprazamento/fraccionamento, para concluír co proceso, o suxeito pasivo deberá proceder á presentación da autoliquidación electronicamente, de xeito que transmitirá os datos dela coa sinatura electrónica, xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unha única sinatura, a correspondente ao seu certificado.
Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolveralle ao suxeito pasivo en pantalla o modelo 043 debidamente cuberto con indicación da data de presentación.
No suposto de que a presentación fora rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados.
*Nota 1: Esta información ten carácter divulgativo e non recolle o contido íntegro da Orde de 27 de xaneiro 2014 pola que se regulan a subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pago electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
*Nota 2: Para máis información ten á súa disposición a guía do imposto en www.atriga.gal
Normativa
Poderá consultar a normativa tributaria asociada a este imposto na web da Axencia Tributaria de Galicia
Axuda
Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema no seguinte enlace: Atendémolo
Xestións
Información
Descrición
Constitúe o feito impoñible a autorización, celebración ou organización de xogos de sorte, envito ou azar, salvo que estivesen suxeitos ó imposto sobre as actividades de xogo, establecido na lei 13/2011, de regulación do xogo.
Para obtener información detallada da tramitación consulte a guía do imposto
Tramitación
Os suxeitos pasivos deberán autoliquidar o imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizados pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, para o que deberán presentar ante ésta, con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que atoparán en https://www.atriga.gal/informacion-tributaria/tributos/tributacion-sobre-o-xogo/informacion-do-tributo
Os suxeitos pasivos deberán ingresar e presentar telematicamente as autoliquidacións e determinar a débeda tributaria correspondente a cada período impositivo no modelo 044. Para isto empregarán a aplicación informática prevista en ATRIGA24h.
Xerado o modelo 044 os suxeitos pasivos poderán proceder ao pagamento da débeda tributaria de calquera efectuarse das formas seguintes:
- Mediante ingreso presencial da cantidade resultante da autoliquidación en calquera das entidades colaboradoras autorizadas pola Axencia Tributaria para o cobro de autoliquidacións presentadas electronicamente. O ingreso formalizarase mediante a carta de pagamento que para estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o usuario. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado que será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación (a través de "operacións realizadas").
- Mediante pagamento telemático. O usuario accederá ás aplicacións específicas a través de ATRIGA24h e efectuará o pagamento da correspondente autoliquidación a través das entidades colaboradoras autorizadas pola Axencia Tributaria de Galicia para o pagamento electrónico. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará o cargo. No caso de ser aceptado o cargo, efectuará o abonamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerará o correspondente NRC.
Unha vez realizado o pagamento da débeda, ou no caso no que a autoliquidación non dera lugar ingreso ou fora marcada na autoliquidación a solicitude de aprazamento/fraccionamento, para concluír co proceso, o usuario deberá proceder á presentación da autoliquidación telematicamente, de xeito que transmitirá os datos da autoliquidación coa sinatura electrónica xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unha única sinatura, a correspondente ao seu certificado.
Se a presentación telemática é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo 044 debidamente cuberto con indicación da data de presentación.
Si a presentación fora rexeitada, o suxeito pasivo deberá proceder a rectificar os errores detectados.
Nota 1: Esta información ten carácter divulgativo e non recolle o contido íntegro da Orde de 27 de febreiro de 2009 pola que se regula a presentación e o pago telemático da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos.
*Nota 2: Para máis información ten á súa disposición a guía do imposto en www.atriga.es
Normativa
Poderá consultar a normativa tributaria asociada a este imposto na web da Axencia Tributaria de Galicia
Axuda
Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema no seguinte enlace: Atendémolo
Xestións
Información
Descrición
O Canón Eólico é un tributo propio da Comunidade Autónoma de Galicia que somete a gravame a xeración de afeccións e impactos ambientais adversos sobre o medio natural e, por ende sobre o territorio, a través da instalación de bens afectos á produción de enerxía eólica e situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Tramitación
Os suxeitos pasivos deste imposto deberán autoliquidar no modelo 012 o imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizado pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), para o que deberán presentar ante ela, con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que encontrarán en https://www.atriga.gal/informacion-tributaria/tributos/canon-eolico/informacion-do-tributo
Os suxeitos pasivos deberán, con carácter xeral, presentar electronicamente ante a Atriga, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á data da devindicación e, en calquera caso, antes do pagamento e presentación electrónicos da autoliquidación, unha declaración inicial dos datos do parque consignados no modelo 007 (modelo de declaración de alta/modificación de datos no Censo Electrónico de Parques Eólicos de Galicia (CEPEG)). Se a declaración é aceptada, a aplicación devolveralle ao suxeito pasivo un código de identificación, que denominarase"código do parque", que deberá ser empregado polo suxeito pasivo en todas as actuacións que teña coa Atriga na aplicación deste tributo.
Confeccionado o modelo 012 de autoliquidación, os suxeitos pasivos poderán ingresar a débeda de calquera das formas seguintes:
- Mediante ingreso presencial da cantidade correspondente en calquera das entidades colaboradoras autorizadas pola Axencia Tributaria de Galicia para o cobramento de autoliquidacións presentadas electronicamente. O ingreso formalizarase mediante a carta de pagamento que para estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o suxeito pasivo. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado, que será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación. (a través de "operacións realizadas").
- Mediante pagamento electrónico. O suxeito pasivo accederá ás aplicacións específicas a través de OV Tributaria e efectuará o pagamento da correspondente autoliquidación, a través das entidades colaboradoras autorizadas pola consellería competente en materia de facenda para o pagamento electrónico. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará o cargo. No caso de ser aceptado o cargo, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerará o correspondente NRC.
Unha vez calculada a débeda e, de ser o caso, realizado o pagamento da débeda ou marcada na autoliquidación a solicitude de aprazamento/fraccionamento, para concluír co proceso, o suxeito pasivo deberá proceder á presentación da autoliquidación electrónicamente, de maneira que transmitirá os datos dela coa firma electrónica xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas requirirase unha única firma, a correspondente ao seu certificado.
Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolverá ao suxeito pasivo en pantalla o modelo 012 debidamente cuberto con indicación da data de presentación.
No suposto de que a presentación fora rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados.
*Nota 1: Esta información ten carácter divulgativo e non recolle o contido íntegro da Orde de 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico.
*Nota 2: Para máis información ten á súa disposición a guía do imposto en www.atriga.gal
Normativa
Poderá consultar a normativa tributaria asociada a este imposto na web da Axencia Tributaria de Galicia
Axuda
Guía de usuario do Canon eólico
Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema na seguinte ligazón
Xestións
Información
Descrición
O imposto sobre a contaminación atmosférica recaerá sobre as emisións nas que os seus focos se atopen situados dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma.
Constitúe o feito impoñible a emisións á atmosfera de calquera das seguintes substancias:
- Dióxido de xofre ou calquera outro composto osixenado do xofre.
- Dióxido de nitróxeno ou calquera outro composto osixenado do nitróxeno.
Presumirase realizado o feito impoñible mentres as instalacións emisoras non cesen na súa actividade e tal circunstancia sexa posta en coñecemento da Administración.
Serán suxeitos pasivos en calidade de contribuíntes as persoas ou entidades que sexan titulares das instalacións ou actividades que emitan as substancias contaminantes gravadas
Constitúe a base impoñible a suma das cantidades emitidas de cada unha das substancias contaminantes por un mesmo foco emisor.
Para estes efectos:
- As cantidades emitidas de dióxido de xofre e de dióxido de nitróxeno expresaranse en toneladas.
- As cantidades emitidas de compostos osixenados de xofre expresaranse en toneladas equivalentes de dióxido de xofre.
- As cantidades emitidas de compostos nitroxenados expresaranse en toneladas equivalentes de dióxido de nitróxeno.
A cuantificación da base impoñible referirase ao ano natural.
Tramitación
Os suxeitos pasivos deste imposto deberán autoliquidar o imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizado pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), para o que deberán presentar ante ela, con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que encontrarán en https://www.atriga.gal/informacion-tributaria/tributos/contaminacion-atmosferica/informacion-do-tributo
Os suxeitos pasivos, por cada un dos focos emisores das substancias contaminantes gravadas polo imposto sobre a contaminación atmosférica, están obrigados a presentar, electronicamente ante a Atriga e, en calquera caso, antes do pagamento e presentación electrónica da primeira autoliquidación, unha declaración de alta no Censo Electrónico de Focos Emisores de Substancias Contaminantes, mediante o modelo 004. Se a declaración é aceptada, a aplicación devolveralle ao suxeito pasivo un código de identificación, que se denominará"código do foco emisor"que deberá ser empregado polo suxeito pasivo en todas as actuacións que teña coa Axencia Tributaria de Galicia na aplicación deste tributo.
Unha vez presentada a declaración inicial, ingresarán e presentarán telemáticamente o modelo 002 ou 003 de autoliquidación, segundo corresponda, os suxeitos pasivos poderán ingresar a débeda de calquera das formas seguintes:
- Mediante ingreso presencial da cantidade correspondente en calquera das entidades colaboradoras autorizadas pola Axencia Tributaria de Galicia para o cobramento de autoliquidacións presentadas electronicamente. O ingreso formalizarase mediante a carta de pagamento que para estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o suxeito pasivo. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado, que será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación. (a través de "operacións realizadas").
- Mediante pagamento electrónico. O suxeito pasivo accederá ás aplicacións específicas a través de OV Tributaria e efectuará o pagamento da correspondente autoliquidación, a través das entidades colaboradoras autorizadas pola consellería competente en materia de facenda para o pagamento electrónico. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará o cargo. No caso de ser aceptado o cargo, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerará o correspondente NRC.
Unha vez calculada a débeda e, de ser o caso, realizado o pagamento da débeda ou marcada na autoliquidación a solicitude de aprazamento/fraccionamento, para concluír co proceso, o suxeito pasivo deberá proceder á presentación da autoliquidación electrónicamente, de maneira que transmitirá os datos dela coa firma electrónica xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas requirirase unha única firma, a correspondente ao seu certificado.
Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolverá ao suxeito pasivo en pantalla o modelo 002 ou 003 debidamente cuberto con indicación da data de presentación.
No suposto de que a presentación fora rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados.
*Nota 1: Esta información ten carácter divulgativo e non recolle o contido íntegro da Orde de 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto de contaminación atmosférica.
*Nota 2: Para máis información ten á súa disposición a guía do imposto en www.atriga.gal
Normativa
Poderá consultar a normativa tributaria asociada a este imposto na web da Axencia Tributaria de Galicia
Axuda
Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema no seguinte enlace: Atendémolo
Imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada
Xestións
Información
Descrición
O imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada é un tributo propio da Comunidade Autónoma de Galicia que será de aplicación ás actividades e aproveitamentos que utilicen encoros que estean situados en todo ou en parte na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tramitación
Os suxeitos pasivos deste imposto deberán autoliquidar o imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizado pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), para o que deberán presentar ante ela, con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que encontrarán en https://www.atriga.gal/informacion-tributaria/tributos/dano-medioambiental-augas-encoradas/informacion-do-tributo
Os suxeitos pasivos deberán presentar unha declaración inicial dos datos do aproveitamento consignados no modelo 010. Se a declaración é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario un código de identificación, que se denominará"código de aproveitamento"que deberá ser empregado polo suxeito pasivo en todas as actuacións que teña coa Administración tributaria na aplicación deste imposto.
Unha vez presentada a declaración inicial, ingresarán e presentarán telemáticamente o modelo 011 de autoliquidación.
Os suxeitos pasivos poderán ingresar a débeda de calquera das formas seguintes:
- Mediante ingreso presencial da cantidade correspondente en cualquera das entidades colaboradoras autorizadas pola Axencia Tributaria de Galicia para o cobro de autoliquidacións presentadas electrónicamente. O ingreso formalizarase mediante a carta de pago que a estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o suxeito pasivo. Unha vez realizado o pago, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado, que será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación (a través de "operacións realizadas").
- Mediante pago electrónico. O suxeito pasivo accederá ás aplicacións específicas a través de OV Tributaria e efectuará o pago da correspondente autoliquidación, a través das entidades colaboradoras autorizadas pola Axencia Tributaria de Galicia para o pago electrónico. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará o cargo. No caso de que sexa aceptado o cargo, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerará o correspondente NRC.
Unha vez calculada a débeda e, de ser o caso, realizado o pagamento da débeda ou marcada na autoliquidación a solicitude de aprazamento/fraccionamento, para concluír co proceso, o suxeito pasivo deberá proceder á presentación da autoliquidación electrónicamente, de maneira que transmitirá os datos dela coa firma electrónica xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas requirirase unha única firma, a correspondente ao seu certificado.
Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolverá ao suxeito pasivo en pantalla o modelo 011 debidamente cuberto con indicación da data de presentación.
No suposto de que a presentación fora rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados.
*Nota 1: Esta información ten carácter divulgativo e non recolle o contido íntegro da Orde de 25 de marzo de 2011 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada.
*Nota 2: Para máis información ten á súa disposición a guía do imposto en www.atriga.gal
Normativa
Poderá consultar a normativa tributaria asociada a este imposto na web da Axencia Tributaria de Galicia
Axuda
Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema no seguinte enlace: Atendémolo
Xestións
Información
Descrición
O imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM) é un imposto propio da Comunidade Autónoma, e constitúe un instrumento fiscal de carácter ambiental, compatible coas obrigas de recuperación ambiental dos terreos afectados polos labores mineiros.
Tramitación
Os suxeitos pasivos deste imposto deberán autoliquidar o imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizado pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), para o que deberán presentar ante ela, con anterioridade ao primeiro prazo no que deban cumprir as obrigas tributarias referidas a este imposto, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que encontrarán en https://www.atriga.gal/informacion-tributaria/tributos/imposto-compensatorio-ambiental-mineiro/informacion-do-tributo
Os suxeitos pasivos deberán presentar unha declaración de alta no cecidam a través do modelo 008. Se a declaración é aceptada, a aplicación devolveralle a/o usuaria/o un código de identificación que deberá ser empregado polo suxeito pasivo en todas as actuacións que teña coa Atriga na aplicación deste imposto. A asignación deste código suporá a inscrición no cecidam.
Unha vez presentada a declaración inicial, ingresarán e presentarán telematicamente o modelo 013 de autoliquidación.
Os suxeitos pasivos poderán ingresar a débeda de calquera das formas seguintes:
• Mediante ingreso presencial da cantidade correspondente en calquera das entidades colaboradoras autorizadas pola Axencia Tributaria de Galicia para o cobro de autoliquidacións presentadas electronicamente. O ingreso formalizarase mediante a carta de pago que a estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o suxeito pasivo. Unha vez realizado o pago, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado, que será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación (a través de "operacións realizadas").
• Mediante pago electrónico. O suxeito pasivo accederá ás aplicacións específicas a través de OV Tributaria e efectuará o pago da correspondente autoliquidación, a través das entidades colaboradoras autorizadas pola Axencia Tributaria de Galicia para o pago electrónico. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará o cargo. No caso de que sexa aceptado o cargo, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerará o correspondente NRC. Unha vez calculada a débeda e, de ser o caso, realizado o pagamento da débeda ou marcada na autoliquidación a solicitude de aprazamento/fraccionamento, para concluír co proceso, o suxeito pasivo deberá proceder á presentación da autoliquidación electrónicamente, de maneira que transmitirá os datos dela coa firma electrónica xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas requirirase unha única firma, a correspondente ao seu certificado.
Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolverá ao suxeito pasivo en pantalla o modelo 013 debidamente cuberto con indicación da data de presentación. No suposto de que a presentación fora rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados.
*Nota 1: Esta información ten carácter divulgativo e non recolle o contido íntegro da ORDE do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as normas de aplicación do imposto compensatorio ambiental mineiro.
*Nota 2: Para máis información ten á súa disposición a guía do imposto en www.atriga.gal.
Normativa
Podrá consultar la normativa tributaria asociada a este impuesto en web de la Axencia Tributaria de Galicia
Axuda
Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema no seguinte enlace: Atendémolo
Xestións
Información
Descrición
A taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición é un tributo estatal cuxo rendemento está cedido polo Estado á Comunidades Autónomas que somete a gravame a organización, celebración ou realización do xogo a través de apostas deportivas ou de competición.
Tramitación
Os suxeitos pasivos deste tributo deberán autoliquidar e presentar o imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizados pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, para o que deberán presentar ante esta (no suposto de que carecesen da devandita autorización), con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que encontrarán na oficina virtual tributaria.
Unha vez autorizados, os suxeitos pasivos deberán, dentro dos prazos de presentación do tributo, presentar telematicamente ante a Axencia Tributaria de Galicia o modelo D-041 na que se incluíran os datos seguintes:
• Os datos correspondentes ás apostas deportivas e de competición validamente formalizadas e os datos correspondentes aos premios pagados ao longo do trimestre ao que se refire a declaración
• Os datos acumulados correspondentes ás apostas deportivas e de competición validamente formalizadas e os datos acumulados correspondentes aos premios pagados, dende a data de devindicación do exercicio ao que se refire a declaración ata o fin do trimestre ao que se refire a declaración.
• Unha relación individualizada dos premios superiores a 2.500 € pagados ao longo do trimestre ao que se refire a declaración.
Unha vez presentado o D-041, ingresarán e presentarán telematicamente ante a Axencia Tributaria de Galicia o 041, no cal practicarán a autoliquidación do tributo e determinarán a débeda tributaria correspondente ás apostas deportivas e de competición validamente formalizadas ao longo do trimestre ao que se refire a declaración.
Normativa
Poderá consultar a normativa tributaria asociada a este imposto na web da Axencia Tributaria de Galicia
Axuda
Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema no seguinte enlace: Atendémolo
Xestións
Información
Descrición
O imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos (IDIRES) é un tributo de carácter indirecto que recae sobre a entrega de residuos en vertedoiros, instalacións de incineración ou de coincineración para a súa eliminación ou valorización enerxética.
Tramitación
Os suxeitos pasivos deste imposto deberán:
1) Darse de alta no Censo electrónico de vertedoiros, instalacións de incineración e coincineración de residuos.
2) Autoliquidar o imposto trimestralmente
Isto farano a través das das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria (OVT).
Para isto deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizado pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, para o que deberán presentar ante esta, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que atoparán en www.atriga.gal
ALTA no CENSO ELECTRÓNICO DE VERTEDOIROS, INSTALACIÓNS DE INCINERACIÓN E INSTALACIÓNS DE COINCINERACIÓN DE RESIDUOS
Os suxeitos pasivos deberán presentar unha declaración inicial dos datos da instalación consignados no modelo 009.
Se a declaración é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario un código de identificación de residuo (CIR), que será empregado nas relacións coa AEAT respecto a este imposto e un código de identificación censual (CIC), que deberá ser empregado polo suxeito pasivo en todas as actuacións que teña coa ATRIGA na aplicación deste imposto.
AUTOLIQUIDACIÓN IMPOSTO
Unha vez inscritos no Censo electrónico de vertedoiros, instalacións de incineración e coincineración de residuos, deberán ingresar e presentar telematicamente o modelo 593 de autoliquidación.
Os suxeitos pasivos poderán ingresar a débeda de calquera das formas seguintes:
- Mediante ingreso presencial da cantidade correspondente en calquera das entidades colaboradoras autorizadas pola Axencia Tributaria de Galicia para o cobro de autoliquidacións presentadas electronicamente. O ingreso formalizarase mediante a carta de pagamento que para estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o suxeito pasivo. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado, que será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación (a través de "operacións realizadas").
- Mediante pago telemático. O suxeito pasivo accederá ás aplicacións específicas a través de OV Tributaria e efectuará o pagamento da correspondente autoliquidación, a través das entidades colaboradoras autorizadas pola Axencia Tributaria de Galicia para o pago electrónico. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará o cargo. No caso de que sexa aceptado o cargo, efectuará o abono na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerará o correspondente NRC.
Unha vez calculada a débeda e, de ser o caso, realizado o pagamento da débeda ou marcada na autoliquidación a solicitude de aprazamento/fraccionamento, para concluír co proceso, o suxeito pasivo deberá proceder á presentación da autoliquidación de maneira telemática, de maneira que transmitirá os datos dela coa sinatura electrónica xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas requirirase unha única firma, a correspondente ao seu certificado.
Se a presentación telemática é aceptada, a aplicación devolverá ao suxeito pasivo en pantalla o modelo 593 debidamente cuberto con indicación da data de presentación.
Se a presentación fose rexeitada, o suxeito pasivo deberá proceder a emendar os erros detectados.
- Nota 1: Esta información ten carácter divulgativo e non recolle o contido íntegro da ORDE do 23 de decembro de 2022 pola que se establecen as normas de xestión e liquidación do imposto sobre o depósito de residuos en vestedoiros, a incineración e a coincineración de residuos (Idires).
- Nota 2: Para máis información ten á súa disposición a guía do imposto en www.atriga.gal
Normativa
Axuda
Para atender calquera cuestión sobre o servizo pregámoslle prema no seguinte enlace: Atendémolo