Contido web
Requirimentos OV Tributaria - Atriga
Dispoñibilidade horaria
Entre as 23:00h e as 2:00h a oficina virtual pode non estar dispoñible pola realización de tarefas técnicas.
Ademais, os trámites que requiran de pagamentos telemáticos están suxeitos á dispoñibilidade horaria das plataformas de pago das entidades bancarias colaboradoras. Pode consultar a relación das ditas entidades bancarias e o horario das súas plataformas de pago nesta ligazón
Cómo acceder cun perfil autorizado: colaboradores sociais e usuarios autorizados
Pode consultar como acceder á OV Tributaria cun perfil autorizado neste enlace.
Requirimentos para acceder
O acceso a OV Tributaria non require máis do usuario que un navegador convintemente actualizado e unha resolución de pantalla recomendada, que non obrigatoria, de 1024x768 píxeles.
Ademais, e se o precisa, o usuario debe:
- Ter instalado o visor Acrobat Reader (versión 8.0 ou superior) para poder visualizar e cumprimentar correctamente os documentos publicados en formato PDF .
- Se fose necesario achegar algún documento, este deberá axustarse aos seguintes formatos: .pdf, .odt, .ods, .doc, .xls, .docx, .xlsx, .jpg, .png, .tiff, .bmp, .txt, .cex, .ce3, .cte, .xml, .inp, .pd2, .pdl, .dwg, .dxfn calquera caso non se deberá superar o límite de tamaño establecido para o conxunto de ficheiros, que será de 20 MB (xa sexa un ou máis ficheiros).
Requirimentos de uso dos servizos de tramitación
Á hora de empregar os servizos de tramitación é posible que se lle requira o uso do DNI electrónico ou dun certificado dixital que garanta a súa identificación e que sexa dos admitidos pola Axencia Tributaria de Galicia. Se aínda non dispón de ningún deles, pode solicitar a emisión gratuíta dun certificado dixital por parte da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre – Real Casa de la Moneda (FNMT-RCM) segundo as instrucións que se lle achegan nas súas páxinas.
Requirimentos técnicos específicos (excepto pago telemático de taxas e prezos)
Pode consultar os requirimentos técnicos específicos neste enlace.
Requirimentos técnicos específicos para a realización de pagos telemáticos de taxas e prezos
Nos pagamentos telemáticos de taxas e prezos que requiran da realización de sinaturas electrónicas, débense ter en conta os seguintes requerimentos técnicos específicos:
- Sistemas operativos soportados
- Windos 7 ou superior
- Mac Os X El Capitan ou superior
- Linux (Ubuntu 16.04 LTS)
- Navegadores compatibles
- Internet Explorer 11
- Mozilla Firefox 41 ou superior
- Google Chrome 46 ou superior
- Safari 10.1.1 ou superior
- Autofirma 1.5.0 ou superior. Descargue esta aplicación dende a sección de descargas. No caso de que o seu navegador soporte a execución de applets Java (Internet Explorer 11 con Java habilitado) o uso de Autofirma non é necesario.
- Javascript activado no navegador web
Pode comprobar se o seu sistema cumpre cos requisitos técnicos para a firma no asistente de axuda para a configuración dos entornos de usuario.